Florida Suncoast

A Costa do Sol dentro do estado de Florida

A Costa do Sol (inglés: Florida Suncoast) é unha rexión vernácula de Florida, nos Estados Unidos, que designa á costa peninsular do centro-oeste, tamén coñecida como a Praia de Florida (Florida's Beach). Foi creada cunha intención de promoción turística da rexión, substituíndo á antiga denominación de Costa dos Piratas (Pirate Coast).

A rexión dispón de máis de 55 quilómetros de praias e unha vintena de illas de barreira no golfo de México, e moitos días soleados nos meses invernais, desde principios de decembro a maio. De feito, o Libro Guinness dos Récords sinala que a cidade de Saint Petersburg ten o récord de maior número consecutivo de días soleados con 768 días, desde o 9 de febreiro de 1967 ata o 17 de marzo de 1969[1]. A área ten sido tradicionalmente asociada á gran poboación xubilada do Medio Oeste norteamericano, que son alcumados "snow birds" (paxaros das neves), xente que durante os meses de inverno veñen dos estados do norte para establecerse no Cinto do Sol. Esta rexión contén tres das praias máis famosas dos Estados Unidos: Caladesi Beach, DeSoto Beach e Siesta Key Beach. Máis ao sur da rexión encóntrase o Parque Nacional dos Everglades, mentres que ao norte a rexión está chea de zonas inundadas, de marismas e mangleirais.

O nome da rexión foi acuñado en 1952 en Saint Petersburg polo Maior Samuel G. Johnson[2].

  1. (Henthron & 3-7-2014)
  2. Segundo un artigo publicado o 2 de febreiro de 1986 no Lakeland Ledger.

Developed by StudentB